martes, 26 de julio de 2011

No sitio e momento exactos.

Parouse o tempo, as luces apagáronse e tan só podía escoitar as notas do q soaba neses intres na radio do coche. Unha escuridade bordeaba e forzaba á vista, borrosa, paralizada e fixada nun punto da lúa dianteira. O q podían ver os meus ollos, no centro, era a viva imaxe de cando a coñecín, mesturado con momentos tristes e outros fermosos. Dinme conta rápidamente de que non quería sair dese cruce atemporal de lembranzas, que me atrapaba e producíame unha sensación de viaxante do tempo, ca realidade fóra do círculo escuro aberto polos meus ollos, paralizada, cal paseo astral do alma.
Ás veces, cando tes que esquecer momentos, persoas ou feitos da túa vida cos que non tiveches relación musical algunha, e polo tanto non hai frecuencias sonoras que alteren o teu sentido da percepción da realidade con estas, é moito máis sinxelo facelas desaparecer das túas lembranzas. E cando non é así, asociamos sons, cancións, melodías asubiadas, risas... Do contrario estaría a falar dun filme mudo, o cal, eu non concebiría q ocorrese, co "audio" en "mute".
Soa un cláxon q fai "espertarme" de xeito repentino nese cruce, nese semáforo, no que non me din conta de que se puxera en verde. Non lle din importancia...A min pásame bastante iso de quedarme "colgado", así que seguín o meu camiño escoitando a canción e sorrindo sen saber se era por mágoa ou por felicidade. O caso é que ao dar a volta ao cruce alí estaba, camiñando rápido, con presas, coma sempre, con cara cansa, pelo recollido e pretendíamos ser descoñecidos.
Ás veces soño que aínda estou no semáforo do cruce, teño centos de anos e non se pon nunca en verde.