sábado, 22 de octubre de 2011


"Knowledge of life in the astral world leads us to a conclusion of fundamental importance, namely that the physical world is the product of the astral world" - Rudolf Steiner



lunes, 10 de octubre de 2011

Cando só te preocupabas de onde cuspir o meu semen.

Esta noite lembréime do teu derradeiro conto, aquel co que xa non me puiden rir, porque sabía o que viña despois.

Deixei, simplemente, que me violaras a mente.

martes, 4 de octubre de 2011

Encher páxinas en branco. Espiritualidade?

Fai tempo creo que coñecín a unha persoa de firmes principios, moi segura de si mesma e dunha moral que dependía do alcol que levara en sangue. A verdade é que nunca dicía nada que ninguén ouvira antes, mais toda verba que saía polos seus beizos sería digna de analizar polos grandes psicoanalistas e filósofos. Tiña cualidades moi variopintas en diferentes campos das artes abstractas e podía estar tranquilo sen mover nin un só músculo do seu corpo cando unha ameaza estaba preto.
A súa visión da vida e a súa filosofía intrínseca manifestábase nun caderno onde o futuro estaba escrito. Non era gran cousa nin de cor rechamante. Tampouco o gardaba coma un tesouro, oculto para o resto dos mortais que puideran avistar tal "diario do futuro" entre as cousas do seu escritorio, mais existía un complexo problema: Entrar na súa habitación non era doado, e unha vez dentro, todo estaba espallado, case caótico.
As facultades do corpo etéreo de cada forma unipersoal de nós, a chave para abrir a porta da habitación que ten unha única forma moldeada con infinitas copias que percibimos intuíndo de xeito distinto cando procuramos un camiño. Esas facultades que podemos chegar a ter, poden sentirse cando realizamos un traballo de meditación e asimilación de cousas futuríbeis na nosa conciencia.
Penso que dalgún xeito ou outro, todo o mundo estivo dentro ou chegará a estar. Ser dono da habitación e ordeala.

Outra cousa moi diferente é ter a capacidade de atopar ese libro, abrilo e pasar a páxina malia que estea en branco e procurar o xeito de que se encha.


martes, 27 de septiembre de 2011

Arte da confusión.

As apertas q só me dabas cando todo ía mal, 
lémbranse máis que as facianas do banal.
Esas que coñecimos todos xuntos,
e pecamos de confundilas nos nosos mundos...

martes, 26 de julio de 2011

No sitio e momento exactos.

Parouse o tempo, as luces apagáronse e tan só podía escoitar as notas do q soaba neses intres na radio do coche. Unha escuridade bordeaba e forzaba á vista, borrosa, paralizada e fixada nun punto da lúa dianteira. O q podían ver os meus ollos, no centro, era a viva imaxe de cando a coñecín, mesturado con momentos tristes e outros fermosos. Dinme conta rápidamente de que non quería sair dese cruce atemporal de lembranzas, que me atrapaba e producíame unha sensación de viaxante do tempo, ca realidade fóra do círculo escuro aberto polos meus ollos, paralizada, cal paseo astral do alma.
Ás veces, cando tes que esquecer momentos, persoas ou feitos da túa vida cos que non tiveches relación musical algunha, e polo tanto non hai frecuencias sonoras que alteren o teu sentido da percepción da realidade con estas, é moito máis sinxelo facelas desaparecer das túas lembranzas. E cando non é así, asociamos sons, cancións, melodías asubiadas, risas... Do contrario estaría a falar dun filme mudo, o cal, eu non concebiría q ocorrese, co "audio" en "mute".
Soa un cláxon q fai "espertarme" de xeito repentino nese cruce, nese semáforo, no que non me din conta de que se puxera en verde. Non lle din importancia...A min pásame bastante iso de quedarme "colgado", así que seguín o meu camiño escoitando a canción e sorrindo sen saber se era por mágoa ou por felicidade. O caso é que ao dar a volta ao cruce alí estaba, camiñando rápido, con presas, coma sempre, con cara cansa, pelo recollido e pretendíamos ser descoñecidos.
Ás veces soño que aínda estou no semáforo do cruce, teño centos de anos e non se pon nunca en verde.